A túa palabra Fina
resoa na nosa alma,
como unha sensación divina,
como unha santa bendición
que chega dende o ceo
e penetra no corazón,
ó escoitar os teus versos
co xílgaro que segue cantando
debaixo do teu balcón,
mentras tí no ceo,
estás dando gracias a Dios
por ter tantos amigos,
que hoxe están contigo
espantando-la doida pena
que todos temos en Brétema,
ó abraza-lo teu recordo
e escoita-los teus versos,
que a todos están decindo
que tí segues sempre vivindo
no noso pensamento.
De sobra tí sabías
nosa querida Fina,
que é moi triste a vida
cando non hai poesía;
por eso tí alí no ceo
segues facendo versos,
para ofrecer cada día
os poemas de amor
que levas no corazón
a ese Deus Creador
que che dará a salvación.
Un apertado abrazo
do teu amigo:
Anselmo PradaLeón
miércoles, 15 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario