miércoles, 15 de septiembre de 2010

A MIÑA GALICIA

És ti Galicia,
a adiantada do mar,
a emigrante internacional
que vas polo mundo enteiro
descobrindo-la grandeza
que a túa morriña acaricia
cando de lonxe regresas
co froito do teu esforzo,
entre aturuxos y canciós
que levas no corazón.

Na túa verde esperanza,
o sol dícenos adeus
co seu encantado solpor...
¡Qué perfecta sinfonía
levas no ventre Galicia!
Os teus fillos te ensalzan,
España enteira te venera;
non hay un lugar na terra
que se poida comparar,
con esas Rias Galegas
acariciadas polo mar;
onde se acaba-la terra
no infindo horizonte,
alí onde o sol se esconde
para decir adeus ó día,
cando a noite calada
encende as estrelas
que alomean a nosa terra.

¡Ai a miña Galicia!
Se eu volvera a nacer,
volvería a escoller outra vez
a miña querida Galicia,
para poder amar e vivir
e tamén para morrer,
cando chegue-lo meu dia.

Apertados abrazos
do Vello Anselmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario