lunes, 17 de septiembre de 2012

CASAIO DO MEU CORAZÓN

Casaio do meu corazón,
deixeite sendo un rapaz
cando eu non quería marchar
pero a guerra me obrigou.

Moitos anos eu pasei
sen poder a Galicia volver,
pero cando eu regresei
foi moito o que eu gocei.

Con tódala miña familia,
os meus curmáns,as miñas tías,,,
O ve-la miña vella casiña
sentín unha gran alegría.

Dende o Chao ata a Luciá
fun dando un longo paseo
e no paraba de recordar
a vida que tiña de neno.

Se un día lonxe de Casaio
eu tivera que morrer...
Eu quero que me encineren
para que alí  poda volver.

Que voten as miñas cinzas
polos montes de San Xil,
para que a miña alma viva
sempre xunto a Deus alí.

Quero escoitar as campás
do pobo que me viu nacer,
e que a xente me recorde
moito despois de morrer.

Eu son o Vello Anselmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario