miércoles, 23 de octubre de 2019

CHAPELA É UN RECORDO

Chapela é un recordo,
graburado na distancia,
que ven ao meu encontro,
con recordos da miña infancia.

As lareiras están apagadas,
os potes están durmindo,
todo é paz e silencio,
cando o pote está fervendo.

xa pararon de bailar os fusos,
que fiaban a soedade,
e se descompuxo o tear,
canso de tanto agardar.

Cae unha bagoa polo fío
da madeixa do tempo,
consumindo o agarimo
dos recordos que levo dentro.

Recordos de Chapela,
que non me deixades vivir,
ó lembrarme tanto dela
non lle paro de escribir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario