miércoles, 23 de octubre de 2019

TEMPOS ANTERGOS

Veñen a mín os recordos
daqueles tempos antergos,
cando sulcaban os mares,
aqueles bravos mariñeiros,
que iban cara as Cíes,
naquelas lánchas do xeito
para gaña-lo sustento.

Eran tempos lonxanos,
en que todos os mariñeiros,
tiñan as mans de madeira
de tanto agarrar os remos,
para navegar por la Ría.

De tanto bogar e bogar,
lle sudaba ata o corazón,
para ir e vir do mar,
naquelas lánchas do xeito
que tiñan os mariñeiros.

Daqueles tempos antergos,
é moito o que se lembra
este vello Anselmo que,
nas noites sen lúa,
todos pescaban a xeito
as sardiñas pola Ría,
cando a fame do mar
viña nas patelas da vida,
coa esperanza dormida.

Hoxe xa todo cambeou,
temos o mesmo mar,
pero no temos mariñeiros,
pero ainda quedan en Chapela
os que están no Club de Remo,
que son o recordo perpétuo
daqueles homes de mar,
que alégranse ó ve-los remar.

Chapela segue remando,
con forza e con valor,
son os heredeiros
daqueles mariñeiros
que xamáis esqeceremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario