viernes, 24 de febrero de 2023

 


NA CASA ROSALÍA

Nesta mesma mesa
da Casa de Rosalía,
é onde me atopei,
escribindo esta poesía.

Risalía me inspirou
e me deu o literario alento,
para sentir todo aquelo
que levo no pensamento.

Non hai alegría maior
que sentilo mesmo fervor
que Rosalía acadou,
cando nesta mesma mesa,
dende a súa habitación,
dixolle a súa filla: "Abreme a ventá
que quero velo mar."

Foron as últimas palabras
que dixo aquela santa,
cando nesa mesma cama,
santamentete morreu.

Por eso eu neste día,
aproveito para ofrecervos,
este poema que escribín
na mesa de Rosalía
da súa casa da Matanza en Padrón,
onde fumos os poetas de Brétema,
a tecitarlle poesías,
a nosa amada Rosalía.




SANTA ROSALÍA

Cando Deus creou o universo,
e fizo a nosa fermosa Galicia,
quixo que tamén houbera
unha SANTA ROSALÍA.

Por eso deixou nacer
aquela malpocada nena,
filla dunha nai solteira
e dun grego lambón,
que foi quen a enxendrou.

Dende o seu nacemento,
Rosalía levou a pesada cruz
por tódolos sitios que foi,
dando mostras da súa santidá,
ó aceptar o que Deus lle mandou
dende a corte celestial.

Sofriu e soubo padecer,
sendo boa nai e boa muller,
e agora dende o ceo,
mira como o mundo enteiro
está lendo os seus versos,
facendo eterna a súa poesía.

!Gracia¡ Santa Rosalía.
Nós con fervor pregamos
para que siga cantando a Galicia,
a terra que tanto amamos
e levamos no corazón.

Por eso hoxe lle ofrecemos
esta xuntanza de amor,
para rezar con fervor
a Santa Rosalía,
patrona da poesía
que dende o ceo
envíanos o seu consuelo. 

Un abrazo del viejo Anselmo.








1 comentario:

  1. Homenaxe feito a Rosalía de Castro,no Multiusos de Chapela,o día 24 de febreiro do ano 2.023.

    ResponderEliminar