jueves, 23 de febrero de 2023


SANTA ROSALÍA

Cuando Dios creóu o universo
e fixo a nosa fermosa Galicia,
quixo que tamén houbera,
unha SANTA ROSALÍA.

Por eso deixou nacer
aquela malpocada nena,
filla dunha nai solteira
e dun grego lambón
que foi quen a fecundou.

Dende o seu nacemento,
Rosalía levou a pesada cruz,
durante tódala súa vida,e por tódolos sitios que foi,
deu mostras da súa santidá,
ó aceptar o que Deus lle mandou
dende a corte celestial.

Sofriu e soubo padecer,
sendo boa nai e boa muller,
e agora que está no ceo,
mira como o mundo enteiro,
está lendo os seus versos,
facendo eterna a súa poesía.

¡Gracias,Santa Rosalía!
jNós con fervor pregamos
que siga cantando a Galicia,
a terra que tanto amamos
e levamos no corazón.

Por eso hoxe te ofrecemos
esta xuntanza de amor,
para rezar con fervor
a SANTA ROSALÍA
patrona da poesía.

Anselmo Prada León.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario