domingo, 22 de junio de 2014

CANDO TOCA UNHA GAITA

 Cando toca una gaita
choran os sentimentos
e cantan alegres os galegos,
porque Galicia se esperta
do seu misturado enredo.

 Gaita, gaitiña miña,
ti tes moitas quimeras,
moitas penas e ledicias
leva ti no inchado fol
para cantarlle a Galicia.

 A gaita ben tocada,
sinte arumes de muller,
quen non quere escoita-la gaita,
non sabe o que é querer
a muller que tanto ama.

No hay comentarios:

Publicar un comentario