martes, 24 de junio de 2014

CONSELLOS POPULARES DO VELLO ANSELMO

 A palabra que ó ceo sube
nunca á levará o aire,
nin a tapará ninguha nube
que se lle poña diante.

 Aquel que fai o que debe
xa ten o ceo gañado,
xa que a morte pronto veñe
a recorda-los pecados.

 Ainda que teñas moita saude,
non presumas de grandeza;
pois a sorte e a virtude
nun instante se enferman.

 Non me gusta a ciudade
por cómoda que esta sexa,
eu só quero respirar
o aire da miña aldea.

 Non se move nin una folla,
todo na noite está en calma.
¡Ai! se eu poidera sentir
esa calma na miña alma.

 A base de insistencia
vai cedendo a solteira,
e despois de haber caído,
xa non se acordan dela.

 O viño que non se bebe
non altera o noso vivir,
pero o que levamos dentro,
é o que nos fai máis sufrir.

 Se moito como e moito bebo,
e moito abuso das mozas;
ben sei que cando chegue a vello,
sobraranme moi poucas cousas.

 Deus quera que atopes
sempre una man aberta,
para que acaricie a túa alma
e calme a túa conciencia.

 Non hai aires tan puros
como os da miña aldea,
porque os da ciudade
só cheiran a miseria.

 Quen me dera camiñar
e chegar a miña casa,
e gozar cos recordos
que levo dentro da alma.

 Por moito que ti te pintes,
non che fará efecto;
pois, non taparás por fora
a maldá que levas dentro.

 Se queres estar contento,
nunca xamáis ti te alabes;
procura gardar silencio,
e deixa que os outros falen.

 Fun a gaña-lo xubileo
á Catedral de Santiago,
foron tantas as penas que levei,
e tantas son as penas que eu traio.

 Soan a morto as campás
na parroquia de Chapela,
no é extraño que soen
dalguén orfo se queda.

 Así como vemos a cara,
así son as intencións;
porque só sabe a alma
como son os corazóns.

 Non volve a palabra
a entrar pola boca,
nin a ser como Deus manda
a muller que perdeu a honra.

 O que de xoven non traballa
e malgasta-lo seu tempo,
por moito esforzó que faga,
chegará a ser pobre de vello.

 Ainda que sexas como una rosa,
e sexas máis boa que o pan;
se no es ti traballadora,
todos de tí fuxirán.

 Que bo é ter amigos
que nos queiran e nos comprendan,
para que cando cheguen as desgracias
as nosas penas entreteñan.

 A vellez é a que ten a fama
de ter sempre a razón,
porque sempre vai contando
o que lle sae do corazón.

 Xunto ó mar está a miña casa
e báñome na sua Praia,
pero o meu corazón suspira
polo aire da montaña.

 Non hai un lugar no mundo
como o pobo onde nacín;
do meu pobo eu presumo,
porque eu alí,  síntome feliz.

 Eu que xa cheguei a vello
non teño medo a morrer,
porque tódolo que eu quero
na outra vida o atoparei.

 Estes foron os consellos
que sairon do meu corazón,
gardailos como recordos
de Anselmo Prada León.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario