viernes, 11 de junio de 2010

DESPÓIS DE ESCOITAR A ROSALÍA

Estoume dando conta,
que as cousas son como son
e como a fan as circunstancias,
xá que eu no podo fuxir
deste proceso aterrador
da normalización linguistica,
nin da tristura que me causa
o ter que agoantar
esta forma de falar
que teñen os políticos
que nunca falaron galego,
e agora viven amparados
polos que queren afastarlo
da forma que ten de falar
a nación en que vivimos.

Tódolo que eu escribo,
en castelán ou en galego,
está amparado pola forma de falar
do meu pobo de Casaio,
onde fálasa o galego
durante tódolos tempos.
En Trevinca nacen os meus versos,
que agora son cautivos
polo xente sen conciencia
que queren que eu fale
como a eles lle dá a gana;
pero, a miña natural disposición
non me permite aceptar,
esta forma de falar
que teñen os fanáticos,
para disimular a súa incultura.
Eu non podo saber,
como non lle dá vergonza,
cando len a Rosalía,
seguir falando esa lingoa
que eles inventaron,
e non se asemella en nada
á nosa galega fala.

A musa dos meus tempos,
sufre unha gran tristeza,
ela coñéceme ben,
e non deixa un momento
de ampara-lo meu pensamento,
quere que siga escribindo,
en castelán e en galego,
e que proclame a tódolos ventos
a inxusticia que están facendo
co noso idioma galego.

Un apertado abrazo do voso amigo Anselmo

No hay comentarios:

Publicar un comentario