jueves, 10 de junio de 2010

ROSALÍA ME FALOU

Estando na súa Casa,
Rosalía me falou:
Eu Rosalía vos digo,
que me esprico en galego
porque eu quero
que me escoiten aqueles
que son labregos
e andan polos campos
misturados co bulleiro.
Tamén quero,
que me escoiten,
aqueles mariñeiros
que van polo mar adiante
pasando moito medo.

O que quero é falar
no noso idioma glego,
das cousa da nosa terra;
para pagar de ceto modo,
o aprecio e o cariño
que todos lle deron
o meu primeiro libro.
"Cantares Galegos".
Ese libro que ten
trescentas páxinas,
espertou no meu pobo,
un amor a nosa fala
que deixou de ser dialecto
para converterse en idioma.

A literatura aceptou
tódolos meus argumentos
escritos en galego;
e comprendín nese momento,
que eu estaba obrigada
a escribir en galego,
e dende agora vou a facelo.

Alá vai pois este libro
"Follas Novas",
ou mellor, podo decir vellas,
porque as levava no corazón
dende hai moito tempo,
pero agora chegou o momeno
de vota-las a voar
por onde as leve o vento.

É dificil que volva a escribir
na miña lingoa materna,
a deuda está pagada,
e quero que me comprendan
todos aqueles que pensan
que eu non son galega,
xa que, é tanto o que quero
a miña querida terra,
que nela quero morrer
e xunto a ela sempre estarei.
A vosa amiga. Rosalia.

Dende que Rosalia me falou
na súa casa de Padrón,
enseguida comprendín
o que me quixo decir,
que a lengoa non ten fronteiras,
nin teñen barreiras as ideias,
e que malditos sexan aqueles
que queren maltratar
a fala das nosas aldeas,
inventando un galego
que non é o que nós falamos,
nin ten nada que ver
coa nos terra galega.

Deixade o galego voar,
sen esas normativas
que estan desfacendo
a lengoa de Rosalía,

Quen vos falou,
foi Anselmo Prada León,
que fora de Galicia se criou;
pero que son tan galego
como calquera pode se-lo,
e non penso na miña vida
desfacer a nosa lengoa,
como os políticos
están facendo.

Apertados abrazos galegos
do voso amigo Anselmo

No hay comentarios:

Publicar un comentario