jueves, 10 de junio de 2010

SANTA ROSALIA

Cando Deus creou o Universo
e fixo a nosa Galicia,
quixo que tamén tivera
unha Santa Rosalia;
por eso deixou nacer
aquela malpocada nena,
filla dunha nai solteira
e dun cura lambón,
que foi quen a exendrou.

Foi Santa Rosalía
a que levou a pesada cruz
durante tódala súa vida,
por tódolos sitios que foi,
deu mostras da súa santidá
ó aceptar todo aquelo
que Deus lle quixo mandar
dende a súa Corte Celestial.

Sofriu e soubo padecer,
foi boa nai e boa muller;
e agora que está no ceo,
mira polo mundo enteiro
que está lendo os seus versos,
a facendo eterna
a súa poesía.

¡Gracias Santa Rosalía!
Nós os poetas de Brétema
con fervor pregámosche,
que sigas sempre cantando
a nosa querida Galicia,
a terra que tanto amamos
e levamos no corazón.

Por eso hoxe en Padrón,
nos xuntamos os poetas,
para rezar con fervor
a nosa Santa Rosalía,
que,dende este momento,
a facemos a patrona de poesía.

Anselmo Prada León

No hay comentarios:

Publicar un comentario